SERVICIOS

serviciosSERVICIOS DA ASOCIACION DE COMERCIANTES DE NARON

REPRESENTACIÓN, INFORMACIÓN E XESTIONS ANTE A ADMINISTRACIÓN:

REPRESENTACIÓN: A Asociación defende os intereses dos asociados ante as institucións, canalizando as súas demandas e peticións tanto particulares como corporativas.

INFORMACIÓN: Os asociados estarán informados periódicamente pola Asociación de tódo-los asuntos do seu interés, así como de tódo-los asuntos do seu sector: comercio, hostelería, beleza, saúde,…

XESTIÓNS: A Asociación realiza todo tipo de xestións tanto particulares como xerais ante as Administracións públicas.

PUBLICIDADE E CAMPAÑAS PROMOCIONAIS:

PUBLICIDADE: A Asociación elabora soportes publicitarios propios (guías, directorios, etc) sobre as zonas comerciais e os seus establecimentos asociados, así como campañas publicitarias que son difundidas a través dos diferentes medios de comunicación.

CAMPAÑAS PROMOCIONAIS: A Asociación organiza periódicamente campañas promocionais có fin de favorecer a través de sorteos, regalos directos, etc. Estas campañas van tamén acompañadas de publicidade nos medios.

CARTELERÍA CORPORATIVA: A Asociación proporciona gratuitamente carteis corporativos anunciadores de nadal, rebaixas e de outro tipo.

SERVICIOS FINANCIEIROS VENTAXOSOS:

COMISIÓNS DE TARXETA MÁIS BAIXAS: A Asociación acadou condicións moi ventaxosas e competitivas para quenes queiran traballar có Banco de Galicia: unha tasa do TPV do 0.80% para todo tipo de tarxetas.

TARXETA CENTROTENDAS PUNTO OURO: Tódo-los asociados interesados en poder ofrecer pago aplazado ós seus clientes, poderán facilitarlles a Tarxeta CentroTendas Punto Ouro (sen ningún coste para o cliente), coa cal poderán pagar as súas compras nos centros asociados que dispoñan de dito beneficio, ata en 6 meses sen xuros. Distribuída exclusivamente polo Banco de Galicia.

CURSOS DE FORMACIÓN: A Asociación organizará regularmente cursos ou seminarios sobre temas que poden ser do interés dos asociados